A axenda de Nadal de Boiro fai fincapé na cultura e no apoio ao comercio

21 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura, organizou para este Nadal unha completa axenda de actividades que poñen o foco nos máis pequenos e, tamén, en medidas que axuden ao comercio local a remontar o voo logo do longo período de pandemia e restricións. Sobre este punto, a axenda elaborouse en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, xuntando forzas para tirar proveito positivo da frutífera confluencia entre comercio, cultura e Nadal. En última instancia, o obxectivo é achegar lecer, diversidade e creatividade, pero tamén fomentar as compras nos establecementos locais.

Coma nos últimos anos, o Concello de Boiro instalará unha carpa para o groso das actividades que este ano estará situada na praza de A Boqueira de A Negral baixo o nome de Carpa Solidaria.

Este sería o programa de actividades resumido:

Festival Banda Música de Boiro

Este martes 21 de decembro ás 20.00 horas celébrase no Local Leñaverde do Centro Social de Boiro o Festival de Nadal da Escola de Música de Boiro.

Espectáculos de rúa (polas rúas de Boiro)

O 23 de decembro chegan O Apalpador e a súa comitiva e o día 29 será a quenda de Sarao, que animará as rúas de Boiro, a partir das 19.00, co espectáculo A Raíña da Neve.

Campamento de Nadal (no Centro Cultura e Deportivo de Boiro)

Os días 22, 23, 27, 28 e 30 de decembro e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro.

Obradoiro na Carpa Solidaria

O 26 de decembro, obradoiro de malabares ás 19.00 horas.

Espectáculos na Carpa Solidaria

O 26 será a quenda de N+1 e a función Gandaina, ás 19.00 horas; e o día 27 Raquel Queizás ofrece Contos de Nadal, de 17.00 a 19.00 horas. O día 28 Sarao Animación visita a carpa con Canta, baila e xoga, ás 19h. O día 29, haberá concertos na Carpa Solidaria: Micro Aberto ás 16.00 horas e The Cuncas ás 21h. O día 30 haberá un concerto solidario.

Xogos no Local Leña Verde

Os días 27, 28, 29 e 30 de ás 17h (público familiar) e ás 20 h (xuventude e adultos – Escape Room).

Mercado na Carpa Solidaria

Mercado de artesanía de Nadal

Días 3 e 4 de xaneiro na Carpa Solidaria

Cabalgata de Reis Magos

O día 5 de xaneiro polas rúas de Boiro

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.