A adaptación de Avento de O libro da selva chega este Nadal a Porto do Son

16 Decembro 2021

A mundialmente coñecida historia de O libro da selva, escrita en 1894 polo escritor inglés Rudyard Kipling e levada despois ao cinema por Walt Disney, segue viva e actual, engaiolando ás nenas e aos nenos que se achegan á historia do neno Mowgli e os seus amigos (e inimigos) no máis profundo e salvaxe da foresta hindú. A rapazada de Porto do Son e da nosa comarca terá este Nadal, o 22 de decembro, unha nova oportunidade para coñecer estes personaxes, cunha nova recreación (unha viraxe musical) de O libro da selva a cargo de Teatro Avento Producións.

Será no auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son, a partir das 17.00 horas.

Trátase dun espectáculo ideal para público infantil e familiar (crianzas de máis de 6 anos). Organizan o Concello e máis a Deputación da Coruña, ao abeiro da súa Rede Cultural.

Argumento

Esta adaptación ao galego do texto orixinal de Rudyard Kipling revive as aventuras de Mowgli, un neno abandonado no máis profundo da selva na India. Adoptado polo oso Baloo e a pantera Bagheera acabará por chamar á perigosa selva fogar. Un fogar habitado por variedade de especies animais que, a pesar das diferencias, coñecen o significado do respecto ás diferencias, a tolerancia, e a camaradería…

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.