A presenza de aire frío en altura será fonte de inestabilidade na xornada do xoves en Galicia. Unha situación que traerá ceos parcialmente nubrados con chuvascos máis probables e frecuentes na metade norte que serán de neve pola mañá por riba dos 1200 metros.
Na comarca da Barbanza teremos nubes e claros. As temperaturas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés moderado con intervalos fortes no litoral norte.
O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do nordés á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:48 | 1.3 m |
Preamar | 07:11 | 3.1 m |
Baixamar | 13:33 | 1.3 m |
Preamar | 19:44 | 2.8 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:41 | 1.3 m |
Preamar | 07:02 | 3.1 m |
Baixamar | 13:26 | 1.3 m |
Preamar | 19:37 | 2.8 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 00:45 | 1.3 m |
Preamar | 07:08 | 3.1 m |
Baixamar | 13:30 | 1.3 m |
Preamar | 19:41 | 2.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)