Un incansable Rotogal Boiro Voleibol dobrega ao Río Douro Soria tras un partido maratoniano

06 Novembro 2021


O Rotogal Boiro Voleibol realizou unha demostración de carácter para sumar unha vitoria de prestixio na fortaleza da Cachada. Tras un partido maratoniano, os locais apelaron a un gran labor colectivo e a un espectacular rendemento defensivo para tombar ao Río Douro Soria (3-2), un rival que acumulaba cinco xornadas sen perder. Unha inxección de moral despois de remontar un duelo que se puxo costa arriba tras o terceiro set.
O Rotogal Boiro Voleibol asinou un primeiro set para enmarcar. Cunha das mellores versións da tempada, sacou da pista a un adversario que apenas puido responder o xogo exposto polos locais (25-15). Coa moral polas nubes, o equipo da Cachada mantivo a boa liña na segunda manga, pero algúns pequenos detalles decantaron a balanza para os sorianos (23-25).
Pese ao revés que supuxo ceder o segundo set, o Rotogal Boiro Voleibol non veu abaixo. O Río Douro Soria mellorou na recepción e despregou un voleibol máis equilibrado que desembocou nunha maior igualdade entre ambos os conxuntos. E, nun cara ou cruz, a moeda volveu caer do bando visitante (25-27).
Con todo, aínda estaba por aparecer a versión máis feroz do Rotogal Boiro Voleibol. Os locais, cun gran xogo colectivo, creceron en defensa para volver dominar o choque. Nun cuarto set eterno, deron a primeira estocada (37-35) a un adversario que non puido manter o ritmo no quinto parcial (15-12).

Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, Mario Iglesias, José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez e Pablo Nieto.
Río Duero Soria, 2: José Villalba, Mario dos Santos, Álvaro Gimeno, Manuel Salvador, Igor Iuri Silva, Xavier Folguera e Alejandro San Martín (líbero). Tamén xogaron Lucas Lorente, Luis Martín, Juan Francisco Frías y Adrián Olalla.
Sets: 1-0 (25-15), 1-1 (23-25), 1-2 (25-27), 2-2 (37-35) y 3-2 (15-12).
Árbitros: Diego Rodríguez e Rubén Sánchez.
Incidencias: Partido disputado en A Cachada ante uns 400 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vergüenza o sinvergüenza”. José Antonio Constenla

“Vergüenza o sinvergüenza”. José Antonio Constenla

Desvergonzado es aquel “que habla u obra con desvergüenza”, y también elque “no muestra vergüenza por cometer acciones que se reputan inmorales”. Yvergüenza es la “turbación del ánimo ocasionada por la conciencia de algunafalta cometida, o por alguna acción deshonrosa...

“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

As festas de verán en Galicia son ledicia, festa, música e baile, verbena e fartura. Pola mañáé outra cousa, os traballadores teñen que respectar o horario e andar dereitiños cara aolugar do traballo. Ou cara ao ordenador que espera coa lámpada acendida e co disco...