Boas sensacións deixou o debut do Camiño de Barbanza ‘A Orixe’ na feira Fairway Santiago 2021, que pechou as súas portas onte martes no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia.
O Workshop organizado no marco deste foro profesional serviu para que Turismo Ribeira abrise contactos con turoperadores que operan en tres continentes, con clientes obxectivos de América (tanto do norte como do sur, posto que unha das axencias cos que se entablou relación está enfocada aos Estados Unidos e Canadá e outra a está pensada para un público latino ee brasileiro), Europa e Asia.
Turismo Ribeira proseguirá con estes contactos de cara a seguir afianzando lazos de colaboración para a promoción do Camiño A Orixe fóra das nosa fronteiras, tendo en conta que o 2022 tamén será Ano Santo.
Por outra parte, ao longo de tres días A Orixe contou cun stand no recinto ferial con material promocional da Asociación de Amigos do Camiño de A Orixe e merchandising deseñado por Manuel Ayaso e confeccionado por Laguerzza. Entre as moitas visitas recibidas figuraron representantes do camiño xaponés Kumano Kodo, que está
hermanado co Camiño de Santiago, ou o documentalista e influencer Francisco Contreras, que se comprometeu a realizalo.
