Sara Garrido visitará Galicia para avanzar na candidatura a Patrimonio Inmaterial da UNESCO do marisqueo de Muros-Noia e Chile

27 Novembro 2021

A presidenta da Corporación Nacional de Mujeres na Pesca Artesanal (Chile), Sara Garrido, visitará a próxima semana Galicia para avanzar na candidatura conxunta do marisqueo da ría de Muros-Noia e a recolección na beira do mar de Chile a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Sara Garrido estará acompañada por Néstor Lloyd, consultor que xestiona a candidatura no país andino.

O obxectivo principal desta viaxe é avanzar na candidatura conxunta internacional do Marisqueo na Ría de Muros-Noia e das “recolectoras de orilla” de Chile a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Por iso, Sara Garrido e Néstor Lloyd manterán reunións de traballo cos socios galegos do proxecto, que inclúe aos concellos de Muros, Noia, Outes e Porto do Son e o catro confrarías da ría (Muros, Noia, Portosín e Porto do Son), para revisar o estado da candidatura en ambos os países.

Así mesmo, están programadas visitas de traballo aos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia para coñecer in situ a práctica do marisqueo en Galicia, así como reunións coas persoas que traballan o mar, en especial coas mariscadoras. Ademais, está previsto que a delegación chilena sexa recibida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

As comunidades de “recolectoras de orilla” son o equivalente en Chile ao marisqueo galego, aínda que tamén traballan con algas e outras especies. Os seus integrantes son esencialmente mulleres, o cal casa coa proposta inicial da ría de Muros-Noia, onde a importancia da muller tamén é esencial no sector marisqueiro. Unhas comunidades de mulleres que están emprazadas nas illas de Chiloé e Tenglo.

Sara Garrido considera que obter a declaración da UNESCO “significaría algo marabilloso, recoñeceríase a nosa cultura e creo que iso é o importante. A actividade pesqueira artesanal é unha cultura, os últimos cazadores do mundo son os pescadores artesanais e recoñécese particularmente a recolección de mariscos como unha actividade ancestral que se leva a cabo igual que se facía hai 500 anos. Asegura que “a recolección non sufriu cambios, non se lle aplicou tecnoloxía e iso é o importante, valorar e recoñecer o que nós somos, a nosa esencia, a nosa cultura, o que realmente fai e significa un pescador artesanal”.

Sara Garrido é unha dirixente pesqueira chilena que preside a Corporación Nacional de Mulleres na Pesca Artesanal, así como o Sindicato de Trabajadoras Artesanales de La Caleta de Coliumo e a Asociación Gremial de Mujeres de Pesca del Bío Bío. Leva máis de 20 anos traballando pola reivindicación do traballo feminino no sector pesqueiro e fundou coas súas compañeiras o sindicato de mulleres na pesca artesanal chilena.

Néstor Lloyd Márquez é enxeñeiro pesqueiro de profesión con longa experiencia no sector artesanal. Foi director do Servizo Nacional de Pesca e Acuicultura (Sernapesca) na rexión de Atacama (2009-2013). Actualmente, colabora coa Confraría de Pescadores de Noia, entidade que participa no desenvolvemento desta candidatura conxunta entre Chile e España para presentar un expediente de Patrimonio Cultural Inmaterial do marisqueo (España) ou “recolección de orilla” (Chile).

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.