Os traballadores de Zardoya Otis mobilízanse este venres en Boiro e Santiago pola mellora das súas condicións laborais

25 Novembro 2021

Os traballadores da delegación de Zardoya Otis en Santiago de Compostela-Boiro mobilizaranse este venres, día 26, en diferentes puntos da cidade de Santiago de Compostela e Boiro no marco dos actos reivindicativos previstos en distintas cidades de Galicia e España que se están a realizar entre os días 22 de novembro e 9 de decembro, convocados polos sindicatos UGT, Sindicato da Elevación, CC. OO e Zutik.

Os traballadores demandan a revalorización do soldo de acordo ao incremento do IPC, paralizado desde o ano 2011, rebaixar a carga de traballo debida aos despedimentos indiscriminados da empresa, que cesen estes despedimentos, a non instauración dunha dobre escala salarial, que non se aplique a reforma laboral e que se poña freo á perda de dereitos actualmente tipificados no convenio colectivo dos traballadores da empresa, sen renovar desde hai case dous anos.

Os traballadores advirten que durante as xornadas de folga convocadas, entre ós días 22 de novembro e 9 de decembro, só se atenderán os servizos mínimos en situacións de urxencia descritos na Orde do DOG nº2323 de 2021/11/19 da Xunta pero non realizarán revisións dos ascensores nin reparacións que estean á marxe deste orde.

10:00 15’ Frente ó centro comercial Hipercor.

10:30 15’ Frente ó Parlamento de Galicia

11:00 15’ Axencia Amor

11:30 15’ Axencia Alvenco

12:15 45’ Delegación Otis Santiago

13:00 Desprazamento a Boiro para manifestarse diante da oficina de Otis Boiro

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.