Os contos a prol da diversidade de Planeta LGTB, o vindeiro 2 de decembro en Rianxo

27 Novembro 2021

O vindeiro xoves 2 de decembro ás 18:00 horas, o Auditorio de Rianxo vai dar acubillo a un novo espectáculo de narracións orais para a rapazada (e para as familias). Estamos a falar de Planeta LGTB, de Caxoto e A trastenda dos contos, unha viaxe polo Espazo, entre planeta entre planeta, para “poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións”. Trátase dunha oportunidade, divertida, divulgadora e enriquecedora, para que pequenos e maiores sexan quen de naturalizar unha realidade que xa a ninguén debería estrañar: a diversidade sexual e de xénero.

As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 .A reserva será efectiva cando se confirme dende a Biblioteca Municipal de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...