Non se agardan cambios significativos para o xoves, xa que Galicia permanecerá unha xornada máis na influencia das altas presións. Así, teremos ceos despexados en xeral, con bancos de néboa no interior. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará moi frouxo de compoñente leste, con algún intervalo moderado no litoral noroeste.

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá, variable á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:36 | 1.3 m |
Preamar | 09:05 | 3.2 m |
Baixamar | 15:34 | 1.2 m |
Preamar | 22:01 | 2.8 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:28 | 1.4 m |
Preamar | 08:55 | 3.1 m |
Baixamar | 15:30 | 1.2 m |
Preamar | 21:55 | 2.8 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 02:32 | 1.3 m |
Preamar | 09:01 | 3.2 m |
Baixamar | 15:33 | 1.2 m |
Preamar | 21:59 | 2.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)