O teatro cine Elma da Pobra acolle este domingo o espectáculo Conexión Pingüín

07 Novembro 2021

O teatro cine Elma da Pobra do Caramiñal vai acoller este domingo 7 de novembro, ás 19.00 horas, a representación do espectáculo Conexión Pingüín, a cargo de Culturactiva Producións.

Segundo reflicte o Concello, a obra é “unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación; sobre a incomunicación entre os seres humanos nunha era tecnolóxica marcada pola conexión inmediata, pola telecomunicación, pero onde as persoas nunca estiveron tan lonxe entre si”.

Na trama, os protagonistas trasladarán ao público a dúas épocas: por unha banda, a unha expedición con rumbo ao polo sur no 1923, e, pola outra, a unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza esa fazaña antártica.

O elenco está composto por Luis Iglesia e Marcos Orsi, quen tamén exerce de director, con texto de José Prieto e escenografía de Kukas.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben formaliza-la súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Trátase dunha actividade de balde adscrita á programación cultural que transcorrerá no municipio durante o último trimestre do ano con sesións teatrais destinada a maiores de 16 anos. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.