O Son combate o maltrato dende múltiples frontes sociais, culturais e deportivas

26 Novembro 2021

Porto do Son está a celebrar esta semana, con diversas liñas de acción (algunhas aínda abertas), o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller (25-N).

O programa elaborado polo Concello en colaboración con diversas entidades inclúe accións deportivas, como por exemplo a firme adhesión do evento deportivo Sen-Son 10 k ás reivindicacións contra a violencia de xénero (por exemplo lanzando unha camiseta específica contra o maltrato, que xa podemos ver nas redes), e accións de cariz máis institucional, como a participación do Concello no programa De Fronte da Deputación.

Ao devandito hai que engadir a publicación da Guía do Ben Querer (lanzada polo Concello para aprendermos a identificar as violencias nas parellas adolescentes e para “aprender a diferenciar o mal querer do ben querer”); a proxección na Casa da Cultura da curtametraxe As tres caídas de María Santiso (dirixida ao alumnado de 4º da ESO do IES de Porto do Son, e incluíndo un coloquio con Roberto Alvite de Melgo Cinema, produtor executivo, guionista, director e actor da obra); ou, tamén, as creacións artístico-reivindicativas das nenas e nenos da Escola de Nebra e do CEIP de Xuño, baixo o lema Somos iguais.

Presentación da curta As tres caídas de María Santiso

A maiores de todo o devandito, o Concello lanzou nas redes un manifesto contra pola igualdade e a violencia de xénero, e a Casa da Cultura acolleu os días pasados (o día 20) a representación da obra Invisibles, de Redrum Teatro (unha obra para todos os públicos que pon o foco na reivindicación e visualización das mulleres que sufriron a violencia).

Representación de Invisibles na Casa da Cultura

O programa tamén abrangue actividades terapéuticas dirixidas a mulleres con diversidades funcionais e cognitivas (en colaboración coa Asociación Acadar).

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...