O Rotogal Boiro Voleibol queda a un paso de rebentar a caixa forte do Melilla Sport Capital

28 Novembro 2021

M.A.- O Rotogal Boiro Voleibol quedou co mel nos beizos no Javier Imbroda. Os da Cachada mostraron a súa candidatura á zona alta da clasificación ante un Melilla Sport Capital que tivo que empregarse a fondo para bater aos galegos. Nun desenlace a cara ou cruz no quinto set, a moeda caeu ao lado dos locais (3-2).
O Rotogal Boiro Voleibol non realizou o seu mellor comezo en terras norteafricanas. Ante un Melilla Sport Capital moi acertado no saque, os da Cachada víronse por baixo no marcador tras a primeira manga (25-20). Con todo, refixéronse para equilibrar o choque no segundo set, cando o equipo de Marcelo Benavídez dominou aos norteafricanos (22-25).
Felipe Benavídez sentiu unhas molestias na zona abdominal que lle impediron seguir no partido con 1-1 no marcador e, no terceiro parcial, o Rotogal Boiro Voleibol acusou o golpe (25-15). Con todo, os visitantes foron crecendo e, desde a defensa, e grazas á inspiración de Gaby del Carmen e José Carlos Romero, deron un golpe encima da mesa no cuarto set (27-29).
No quinto set, a igualdade foi constante. Pero o triunfo caeu ao lado do Melilla Sport Capital, impulsado por un inspiradísimo Federico Martina, despois de anotarse a manga definitiva por un axustado 15-13.

Melilla Sport Capital, 3: Ariel Justiniano, Jean Diedhiou, Juan Martín Riganti, Javier Monfort, Maximiliano Scarpin, Federico Martina y Mario Ferrera (líbero). Tamén xogaron Rubén López, Ignacio Luengas, Héctor García y Mikael Tahiri.
Rotogal Boiro Voleibol, 2: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). También jugaron Ismael Martínez, Pablo Nieto e José García.
Sets: 1-0 (25-20), 1-1 (22-25), 2-1 (25-15), 2-2 (27-29) y 3-2 (15-13).
Árbitros: Fernando Pérez y Susana Trigo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Javier Imbroda de Melilla.

Outros artigos

A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici

A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...