O Rotogal Boiro Voleibol exhibe a súa versión máis dominante na cancha do Eivissa Ushuaïa

13 Novembro 2021


Segunda vitoria consecutiva para un Rotogal Boiro Voleibol que exhibiu na cancha do Eivissa Ushuaïa a súa versión máis dominante. Os de Marcelo Chino Benavídez foron superiores a un adversario resignado a manterse a remolque dos galegos e que só puido plantar cara no tramo final do terceiro set. Con este triunfo, os da Cachada ascenden á sétima posición da Superliga á espera de recibir a semana que vén ao Leleman Valencia.
O Rotogal Boiro Voleibol expuxo un encontro moi serio e funcionou que dá xenio na cancha do Eivissa Ushuaïa. Os visitantes foron solventes nas rotacións e impuxeron a lei do seu bloqueo-defensa. Aos locais non quedou máis remedio que ceder a iniciativa no xogo e claudicar nos dous primeiros sets (21-25 e 20-25).
Todo parecía encarrilado na terceira manga para o Rotogal Boiro Voleibol. Con todo, o Eivissa Ushuaïa optou por arriscar no saque e, no tramo final do parcial, foi quen de recortar diferenzas (25-22). Todo foi un espellismo. Os visitantes volveron poñer o mono de traballo no cuarto set e sumaron tres puntos que lles proporcionan un novo empuxón na clasificación da Superliga.

Ibiza Ushuaïa, 1: Javier Sánchez, Mohamed En Nakhai, Luca Cuminetti, Iván Hurtado, Daniel Retuerto, Elvis de Oliveira e Víctor Sánchez (líbero). Tamén xogaron Arabisen Rodríguez e Camilo Corona.
Rotogal Boiro Voleibol, 3: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez e Pablo Nieto.
Sets: 0-1 (21-25), 0-2 (20-25), 1-2 (25-22) y 1-3 (21-25).
Árbitros: Francisco Sabroso e José Luis Arrarte.
Incidencias: Partido disputado no Poliesportiu Sa Blanca Dona

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...