“O Parque Natural máis visitado” – José Manuel Pena

03 Novembro 2021

O turismo responsable e de calidade é unha materia pendente da nosa comarca, principalmente na zona delimitada polo parque natural das lagoas de Vixán (Carreira), Carregal (Artes) e dunas de Olveira (Corrubedo), a pesar de ser o máis visitado de Galicia, con máis de trescentas mil persoas ao ano.

Algúns cremos que chega o momento de poder xerar riqueza para o municipio de Ribeira e toda a Comarca do Barbanza en xeral, así como a necesaria xeración de emprego a través do desenvolvemento dunha serie de actividades dentro do parque. Faltan zonas de estacionamento e sobran terreos comunais e propiedades privadas para crealos; non hai casetas para a venda de camisetas, fotografías da contorna ou produtos típicos, para os visitantes, como o mel, o augardente, o viño, as patacas, etc… Poderían alugarse bicicletas para a época primaveral, con visitas guiadas polos camiños delimitados dentro do parque así como paseos a cabalo, sen esquecernos de poder gozar dunha escola de surf ou deportes náuticos, adecuados á contorna.

Cantidade de actividades que se poderían desenvolver, creando riqueza e emprego para a comarca. Despois de máis de varias décadas case todo segue igual. Chegan miles de visitantes e van deixar os seus aforros fóra do municipio, e todo por falta de vontade política. Xa está ben, os ribeirenses estamos orgullosos da nosa contorna natural pero cremos e queremos sacar algún “beneficio razoable” desta circunstancia, máxime coas elevadas taxas de paro que hai actualmente.

Vista aérea do Vilar, da lagoa de Vixán e do Parque Natural de Corrubedo, con Couso ao fondo

Outros artigos

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.