O Noia recibe ao Rápido de Bouzas

20 Novembro 2021

Os noieses necesitan reaccionar. Logo dun inicio moi bo de tempada no que se mantiveron
nos postos altos da táboa, a día de hoxe, despois de 11 xornadas están con 11 puntos, un
por riba do descenso. Máis dun mes é o que levan os de Iván Carril sen sumar unha vitoria, a
última na casa fronte ao Alondras por 2-1 o pasado 12 de outubro. O bo do fútbol é que cada
xornada tes a opción de reivindicarte, e esta semana o Noia poderá facelo fronte ao Rápido
de Bouzas, un dos cocos da categoría.
Os vigueses marchan quintos na clasficación con 18 puntos, e veñen de empatar na casa
contra o Vilalbés. Un partido clave para as aspiracións de ambos, pero que de seguro os
noieses terán no Julio Mato e na súa afección, a súa principal arma para sacar o encontro
adiante.
O partido entre o Noia e o Rápido de Bouzas, correspondente á xornada 12 da Terceira
Federación, disputarase este domingo a partir das 17:00 horas no Julio Mato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...