O Noia busca cortar a mala racha

06 Novembro 2021

Despois dun gran inicio de competicións, onde o Noia se situou durante varias xornadas nos postos altos da clasificación, agora mesmo non atravesa a súa mellor racha. Os noieses levan desde o 12 de outubro sen saborear os tres puntos. A última vez que o fixeron foi contra o Alondras no Julio Mato por 2-1. Desde esa data contabiliza unha derrota fronte ao Somozas, un empate na casa contra o Arzúa e unha derrota fronte ao colista o Arnoia a semana pasada.
Este domingo recibe ao Silva coa necesidade de sumar tres puntos importantísimos que lles farían subir postos na clasificación. Os coruñeses atópanse na novena posición con 11 puntos, os mesmos que os noieses. Os de Iván Carril sairán a tentar que os tres puntos queden na casa ante un rival directo.
O encontro disputarase o domingo a partir das 17:00 horas no Julio Mato “Matito”. O partido corresponde á xornada 10 da Terceira Federación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.