O Goberno galego mostra o seu apoio ao proxecto turístico-sustentábel do xeodestino da ría de Muros e Noia

15 Novembro 2021

Lousame acolleu este 15 de novembro a presentación do novo proxecto de desenvolvemento turístico e sustentábel da Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia, unha iniciativa conxunta para a mellora da competitividade do sector nesta contorna norte do Barbanza, integrada por Muros, Noia, Lousame, Porto do Son e Outes. A presentación contou coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Segundo lembrou o representante da Xunta e os responsábeis da mancomunidade de concellos, a iniciativa presentada por esta entidade foi unha das 9 consideradas aptas polos técnicos da Xunta e o Goberno central para optar aos fondos destinados ao Plan do Litoral (PL) no marco da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT).

Tamén recordaron que a proposta Novos modelos para a competitividade turística na ría de Muros-Noia da ARD Muros-Noia pretende facer deste xeodestino “un destino sustentábel e competitivo potenciando recursos moi vinculados ás tradicións da zona como o turismo industrial nas minas de San Finx, o turismo mariñeiro ou o cultural”.

Ademais, fomentaranse novos produtos que, ao igual que os anteriores, “axuden a desestacionalizar e diferenciar a oferta turística centrados na gastronomía, o turismo activo aproveitando as condicións da ría para a práctica deportiva, así como a divulgación do itinerario cultural a Santiago da Ría de Muros-Noia”, explicaron os responsábeis das entidades implicadas na presentación deste luns 15, engadindo que outro dos obxectivos é “ampliar a rede de miradoiros co obxectivo de poñer en valor as rutas de sendeirismo dos concellos do xeodestino e crear unha senda litoral entre eles”.

Alfonso Rueda destacou que “estes proxectos recibirán a inxección económica que precisan para contribuír a enxalzar o turismo tranquilo en contacto coa natureza e respectuoso coa contorna que Galicia xa ofrecería e que converteu á comunidade en destino de moda este verán cunha recuperación turística 25 puntos por riba da media estatal, sendo a segunda autonomía con maior recuperación da demanda de noites e a terceira en número de viaxeiros respecto a 2019”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.