O Concello de Boiro realiza melloras na seguridade viaria co pintado de varias rúas do rural

14 Novembro 2021

O Concello de Boiro está a realizar a mellora da sinalización viaria en estradas do rural para avanzar en seguridade nas vías secundarias. En total estase a intervir nun total de 16 rúas do municipio.

Máis polo miúdo, os traballos consisten no pintado con marcas viarias divisorias dos dous carrís na contorna de diversos centros de ensino como son a zona de acceso ao CEIP Cespón, o acceso ao CEIP Escarabote, o acceso ao CEIP Santa María do Castro en Cabo de Cruz e o acceso ao IES Espiñeira.

Estase a traballar tamén nos lugares de Pouso e Brañón en Escarabote, no acceso á igrexa de Santa María do Castro, na alameda de Barraña, na estrada de Espiñeira, na aldea de Abanqueiro, na estrada da Boliña dende San á avenida da Constitución, na rúa Breiro e na estrada de acceso ao EVA10 en Moimenta. Ademais das marcas viarias e sinalización, estanse a delimitar zonas de estacionamento na rúa As Mangas e Curvera, en Cabo de Cruz, e na rúa Currillo.

Con estas actuacións en varias estradas secundarias do municipio, sinala o Concello, “o que se pretende é dar unha resposta aos problemas de circulación e estacionamento en diversos puntos á vez que se intensifica a seguridade viaria”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.