O Concello de Boiro e Anedia celebran o Día Mundial da Diabetes

14 Novembro 2021

O Concello de Boiro e ANEDIA, a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes en Galicia celebran este domingo o Día Mundial da Diabetes coa proxección dun vídeo realizado pola asociación para dar visibilidade a esta enfermidade. Amais, ás 19.00 horas vaise realizar, na praza do Concello, o acendido da iluminación azul da fachada da Casa Consistorial e a proxección do vídeo.

O obxectivo desta xornada é dar visibilidade a unha enfermidade crónica e autoinmune que afecta a máis dun milleiro de nenos e nenas e a varios miles de galegos e galegas.

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, traballa para levar a cabo actividades e propostas que axuden a dar visibilidade á diabetes de tipo 1 e que axuden á integración dos menores e xente nova con esta enfermidade.

Presentación en maio das actividades conxuntas do Concello de Anedia

Outros artigos

Agoraphobia presenta o seu novo álbum “Kamikaze” o 20 de febreiro

Agoraphobia, a banda de rock de Boiro, anunciou que vai estrear o seu novo disco, Kamikaze, no Exporock o próximo 14 de marzo na Coruña Tras o impacto de Eyes Never Lie e Fck You Tony, os dous primeiros adiantos que marcaron o inicio dunha nova etapa na carreira de...

+

As Abadesas marcan este xoves o inicio do Entroido en Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa colaboración de entidades e asociacións culturais do municipio, leva a cabo unha intensa programación de Entroido pensada para todas as idades que cubrirá unha manchea de xornadas, ata o 21 de febreiro. O programa de actividades deste...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.