O Centro Social de Boiro acolle a presentación da proposta da Fundación RIA para recuperar a AC-305

22 Novembro 2021

A Fundación RIA, entidade impulsada dende Corrubedo polo arquitecto David Chipperfield e centrada en achegar novas propostas (arquitectónicas, urbanísticas, paisaxísticas, económicas e ambientais) baseadas na nosa tradición sustentábel, vai presentar a semana vindeira en Boiro os resultados do seu estudo para recuperar a AC-305 ao seu paso por Palmeira (Ribeira), un estudo con visos de ser replicábel noutras cinco localizacións da nosa contorna.
A cita será o mércores 24 de novembro no Centro Social de Boiro. Nesta xornada de presentación pública e debate, a Fundación RIA pretende dar a coñecer as conclusións da primeira fase da dita investigación e as súas posibilidades, poñendo o foco no caso de Boiro. Durante a xornada vanse dar a coñecer tamén os tramos concretos da AC-305 nos que se van desenvolver, durante os próximos anos anteproxectos de rexeneración urbana e entre os que se atopa a rúa Principal.
Cómpre lembrar que un dos obxectivos do Goberno local de Boiro é a recuperación e humanización de núcleos de poboación, en especial da rúa Principal de Boiro, realizando unha mellora integral para dinamizar o comercio.
A xornada contará cunha presentación do estudo realizada pola Fundación RIA na que se expoñerán os factores considerados para a análise e identificaranse os tramos que se pretenden recuperar; farase unha presentación sobre os proxectos de recuperación da memoria histórica que o Concello de Boiro pretende levar a cabo na rúa Principal e haberá un tempo para as preguntas dos asistentes.
A presentación do proxecto da Fundación RIA vai ter lugar o vindeiro mércores 24 de novembro, entre as 17.00 e as 19.00 horas no salón de actos do Centro Social de Boiro e será aberta ao público ata completar a capacidade máxima da sala.

O equipo da Fundación RIA nun intre de traballo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...