O CD Unión vence e colócase líder na Primeira Autonómica

11 Novembro 2021

Se alguén non tiña en conta ao Unión para estar nos postos altos da táboa, xa pode cambiar de idea. Os de Asados voltaron a gañar desta vez ao Escravitude nun partido no que se mostraron superiores en todo momento. Xa no inicio Néstor asestou o primeiro golpe no minuto 11, e parecía que ía a rematar en goleada, pero os de Padrón non deron seu brazo a torcer. Cando se chegaba aos últimos 15 minutos de partido, chegou o tanto da tranquilidade, en propia porta de David González, que terminou de sentenciar o partido. Catro xornadas, tres vitorias e un empate, 8 goles a favor e 0 en contra, eses son os rexistros dun Unión que con este triunfo se sitúa no máis alto da táboa.

O Cidade de Ribeira segue sen arrancar, se ben non mereceu perder o partido contra o Cruces, tivo que suar sangue para conseguir un punto na casa. Comezou ben o Cidade con ataques polos costados, pero que rápido se foron apagando. Foi na segunda metade cando chegaron os catro goles. Adiantáronse os pontevedreses e Moreno moveu o banquiño. No minuto 65 Aguado levantaba a toda a Fieiteira cun auténtico golazo desde o medio do campo á escuadra da portería do Cruces. Cando parecía que estaba máis preto o gol local que o visitante, un rebote nunha falta mal executada, desviaba a traxectoria dun balón ao que Flori non puido chegar no minuto 80. A partir dese momento o Cida de Ribeira, máis con corazón que con cabeza, comezou a asediar a portería visitante. Manuel Ángel adentrouse na área e o defensa do Cruces meteu o pé chegando tarde, unha xogada polémica que o árbitro considerou penalti. Abi sería o encargado de lanzalo, pero seu disparo foi rexeitado e Anthony, o máis listo da clase, aproveitou o rexeite para poñer o definitivo 2-2. Abi tivo nas súas botas o 3-2 na última do partido, pero o balón foise demasiado alto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...