O BNG solicita a adecuación do lavadoiro de Gude, na parroquia de Artes

03 Novembro 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira emitiu un comunicado no que solicita ao Concello a posta a punto e rehabilitación do lavadoiro de Gude, na parroquia de Artes, que malia a súa importancia, “dista moito de estar nunhas boas condicións de mantemento”, sinalan os nacionalistas. O lavadoiro está situado no lugar de Gude, na Curva do Río. A súa contorna presenta unha vexetación que medra sen control inzando de plantas os accesos e imposibilitando o seu uso ou visita. Amais, denuncian, pode atoparse na construción toda clase de lixo como latas, plásticos, envoltorios, etc. polo que “habería que realizar limpezas de maneira periódica que eviten a proliferación de residuos neste espazo público”.

En canto á cuberta, o BNG fai saber que “parte da estrutura xa comeza a cubrirse cunha hedra e as columnas teñen pintadas”. A agrupación lembra que “retirar a hedra e pintar toda a estrutura melloraría a imaxe e o estado deste ben patrimonial”.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, rexistrou unha iniciativa no Concello tras falar con veciños e veciñas da zona que piden adecuar o lavadoiro e a súa contorna. Pérez Barral considera que “o mantemento dos espazos públicos, dos equipamentos públicos como parques e paseos así como dos bens patrimoniais brilla pola súa ausencia en Ribeira”. Desde o BNG apuntan “que o desleixo do Goberno local por manter en boas condicións este e outros elemento patrimoniais son evidentes e chega con botar unha ollada para ver o seu mal estado de conservación”. Os nacionalistas consideran que “a situación de descoido nos que están moitos lugares e espazos públicos do concello resolveríanse cunha adecuada planificación”. E engaden: “O Goberno local debería desenvolver un calendario de actuacións que inclúa rozas, limpezas e tarefas de mantemento e reparación que permitan garantir que espazos públicos como este están nun perfecto estado de condicións”.

Por todo iso, o BNG vai solicitar ao Concello que roce a vexetación, limpe a contorna de lixo, se pinte toda a estrutura da cuberta e se instalen paneis informativos con datos relevantes e coa historia do lavadoiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...