O BNG presenta emendas ao Orzamento da Xunta por valor de 5M€ para A Barbanza

12 Novembro 2021

O BNG presentou publicamente as emendas que rexistrarán aos Orzamentos da Xunta para o ano 2022 e que ascenden a un total de 5 millóns de euros. A deputada, Rosana Pérez, acompaña por membros do BNG comarcal, detallou que “é unha burla cualificar, unha vez máis, como históricos uns Orzamentos que non atenden as necesidades da Barbanza e onde se aplican recortes a servizos públicos como educación e sanidade”.

Pérez Fernández recoñeceu que “bota en falta maior investimento en educación, onde houbo un recorte brutal de profesorado e tamén en Sanidade onde a carencia de profesionais é evidente”,dixo. Ademais esixiu que se reabran de maneira inmediata os centros de saúde de Cabo de Cruz (Boiro) e Taragoña (Rianxo).

Rosana Pérez criticou “a ausencia de investimentos para A Pobra do Caramiñal e Boiro”. E engadiu: “Parece que Barbanza só ten dous concellos” asegurou. A deputada nacionalista deu conta “dunhas propostas de mellora baseadas nas necesidades e demandas máis urxentes e necesarias para as veciñas e veciños da Barbanza. Estas emendas son un exemplo de que cos mesmos cartos é posíbel facer unha política distinta, centrada nas necesidades actuais da veciñanza e atendendo as súas demandas, de cara á mellora económico-social dunha das comarcas máis dinámicas do país”, salientou.

Pérez Fernández detallou que “nos Orzamentos levan anos consignándose partidas como a da ampliación do Hospital da Barbanza”. Segundo dixo, “levan dous anos poñéndose 589.200 euros no papel pero nunca se executan”. Os nacionalistas esixen que se amplíe o hospital “dunha vez por todas, dotar a Ribeira dunha ambulancia medicalizada, ambas emendas por valor de 1 millón de euros”.

Os nacionalistas puxeron o foco no traballo despregado pola agrupación para “conseguir que Ribeira teña unha nova residencia pública de maiores” pero ante “o elevado déficit que existe” propoñen “unha partida de 1 millón de euros para crear outra en Boiro e 600.000 euros para adecuar o Pazo de Rianxiño como centro de día”.

As emendas presentadas polo BNG recollen unha demanda da veciñanza da comarca que “vén de antigo” e que segundo critican, “aínda non atopou acollida nos plans económicos e de mobilidade da Xunta: a conexión ferroviaria da Barbanza”. Os nacionalistas propoñen “elaborar un estudo, valorado en 100.000 euros, buscando poñer solución a unha necesidade que afecta a toda a sociedade barbancesa”.

Por último desde o BNG inciden en que “é preciso destinar 630.000 euros a rehabilitar a Biblioteca de Rianxo, investir 300.000 euros en mellorar o mantemento dos portos da comarca, destinar outros 150.000 a accións específicas de conservación e educación ambiental no Parque Natural de Corrubedo, así como achegar 1 millón de euros para a creación dunha nova depuradora en Boiro que permita preservar os sectores produtivos dos que vive, directa ou indirectamente, todo o municipio”.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.