O BNG pide á xunta que manteña os postos de traballo da Mancomunidade da Serra do Barbanza

17 Novembro 2021

Esta semana o grupo parlamentar do BNG, máis en concreto as deputadas Rosana Pérez, Iria Carreira e Luis Bará, presentaban unha proposta non de lei perante o Parlamento Galego na que solicitaban á Xunta a defensa dos postos de traballo xerados na planta de tratamento de residuos da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza (en Servia, Lousame) e instaban a respaldar un proxecto que ten demostrado a súa sostibilidade.

Segundo indicaban, “os resultados obtidos na planta de Lousame son mellores que os da media galega, na que SOGAMA, xestiona preto do 90% do total de residuos de Galicia”.

Dende o BNG sinalan que o sistema SOGAMA incumpre “dunha maneira moito máis evidente e alarmante có modelo da Mancomunidade as obrigas da normativa estatal e comunitaria” e “que se verá afectado dun xeito moito máis importante pola entrada en vigor de impostos aos tratamentos finalistas, que son a razón de ser de SOGAMA (incineración e depósito en vertedoiro)”.

Por último, lembran dende o BNG que a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza dá traballo a máis de 150 persoas (na súa maioría mulleres) e salientan o impacto negativo que suporía para a zona o peche do complexo medioambiental de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.