O BNG de Ribeira esixe ao Concello que remate o edificio do Centro Social de Carreira

26 Novembro 2021

O BNG rexistrou iniciativas no Concello de Ribeira para esixir novamente a finalización do Centro Social de Carreira, co obxectivo de poñelo canto antes a disposición da veciñanza e do tecido asociativo. E explican: “É necesario rematalo para evitar que se sigan deteriorando unhas instalacións pagadas con fondos públicos e que posibilitarían que a veciñanza de Carreira dispoña dun espazo axeitado para poder desenvolver xuntanzas, actividades lúdicas e culturais”.

A respecto do devandito, a agrupación lembra que as obras iniciáronse no ano 2012 e explica que logo foron obxecto de “sucesivas paralizacións” até chegar a 2016, “ano no que se aproba unha partida de 266.377 euros para rematalo que nunca chegou a materializarse, ao igual que en 2019, cando se aproba destinar 295.580€ que tampouco se executa”. Así, engaden, chegamos a febreiro de 2021, intre no que se adxudica a obra de remate das instalacións interiores e exteriores por 260.000€ e un prazo de execución de oito meses. “A día de hoxe segue sen executarse dita partida do orzamento e continua deteriorándose o xa construído”, denuncian, criticando o que cualifican de “desleixo” por parte do Goberno local á hora de dotar a Carreira dun centro social que “dinamice a vida social da parroquia e responda ás necesidades da veciñanza e dos colectivos”. O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, opina que “eses 10 anos de atraso son o emblema dun goberno fracasado, centrado nas grandes obras e incapaz de atender as necesidades veciñais”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...