O Baloncesto Noia consegue seu primeiro triunfo fronte ao Sigaltec (63-57)

02 Novembro 2021


O Berberecho Noia xa sabe o que é gañar nesta Primeira División Galega, despois de vencer nun axustado partido co Sigaltec (63-57).
Comezou o equipo visitante mellor, pero tras o susto inicial, os noieses reaccionaron e logo dun parcial contundente leváronse o primeiro cuarto 23-13. No segundo cuarto, o Noia aumentou a vantaxe en 13 puntos, pero un gran final de parte fixo que se chegara ao descanso cun resultado moi axustado (31-30).
Logo do descanso, os visitantes voltaron a impoñer seu xogo, dominando o rebote e puxéronse por primeira vez por diante no marcador. Os de Jesu Souto sacaron o mellor de si mesmos e conseguiron chegar ao último cuarto cunha renda de catro puntos.
Co partido totalmente aberto, todo quedou por decidir no último cuarto. Santi, que con 20 puntos foi o máximo anotador dos noieses, creceuse e conseguiu axudar na vitoria final do Bereberecho Noia ao Sigaltec con 6 puntos de vantaxe.
A vindeira xornada voltarán a xogar co Sigaltec na súa cancha. Con este triunfo o Berberecho Noia sitúase en quuinta posición en tres xornadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.