O 21 de novembro celébrase no Son o Encontro Comarcal Nada e Corre

11 Novembro 2021

O Concello de Porto do Son presentou este 10 de novembro o que vai ser un dos grandes acontecementos deportivos xuvenís desta tempada no Barbanza: o Encontro Comarcal Nada e Corre, edición 2021. Será o 21 de novembro, no Complexo Deportivo Municipal.

O evento ten aberto xa o prazo de inscrición a través da web de FEGATRI, onde tamén podemos atopar información detallada sobre o encontro deportivo, organizado por ARTROGAL, FEGATRI (Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno), TRI 498, a Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte, o Grupo SOOM e o Concello de Porto de Son.

Segundo se fixo saber na presentación, a actividade xuntará o 10 de novembro até 200 rapaces deportistas, na súa maioría da nosa comarca, pertencentes ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes. O evento comezará ás ás dez e media da mañá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...