No Son o Concello organiza un curso de balde de axudantes de cociña

10 Novembro 2021

O Concello de Porto do Son organiza unha actividade formativa de balde para fomentar o emprego no sector hostaleiro. Trátase do Curso Gratuíto de Axudante de Cociña, que vén con 20 horas de formación e que se desenvolve entre os días 22 e 26 de novembro, en horario de 16:30h a 20:30 horas. Será na Aula de Cociña do Viveiro de Empresas de Porto do Son. Segundo confirma o Concello, organizador da actividade, as prazas serán limitadas.

As persoas interesadas en participar deben enviar a correspondente folla de inscrición ao enderezo electrónico: jose.pazo@portodoson.gal. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de novembro e rematará o día 16. Non se terá por admitida ningunha solicitude enviada antes ou despois de dito prazo.



Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.