No Son dous detidos, veciños de Ribeira, e dous investigados por roubar nunha vivenda

16 Novembro 2021


A Garda Civil do Posto de Porto do Son detivo a dous veciños do municipio coruñés de Ribeira e investigado a outros dous como presuntos autores dun delito de roubo de ferramentas, electrodomésticos e equipos electrónicos nunha vivenda.
Os arrestos producíronse por mor da denuncia interposta por un veciño de Porto do Son en dependencias da Benemérita, na que comunicou que descoñecidos tras forzar unha xanela da fachada principal, accederan á súa vivenda en Basoñas e subtraído das súas interior ferramentas, electrodomésticos e equipos electrónicos.

A Garda Civil iniciou unha investigación co fin de corroborar a veracidade dos mesmos e identificar o autor ou autores. A Benemérita, logrou a identificación dos responsables: unha parella que vendera os efectos roubados en establecementos de segunda man. Nas súas declaracións en calidade de detidos atribuíron a autoría material a outros dous mozos con antecedentes que, puntualizan as mesmas fontes, serían os encargados de subtraer os efectos, mentres que a parella era responsable do seu transporte e posterior venda.

A pesar diso Garda Civil procedeu á detención destas dúas persoas e á investigación das outras dúas como presuntas autoras dun delito de roubo. Ademais, foi recuperado material subtraído e restituído ao seu lexítimo dono. Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Noia.

Garda Civil

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.