Na Primeira Autonómica o Cidade de Ribeira tumbou ao Unión (2-1)

25 Novembro 2021

Era o partido cinco estrelas da xornada, e non decepciounou. O Cidade de Ribeira recibía a
un Unión líder, invicto, con 13 goles a favor e 0 en contra, pero os de Asados non puideron
continuar a súa xeira e caeron derrotados nun igualado derbi disputado na Fieiteira (2-1).
E iso que comezaron mellor os de Asados, ben plantados no seu campo cunha liña de cinco
defensas, tres centrocampistas e dous homes rápidos arriba. Os de Santa Uxía saíron
dubitativos, con medo a cometer un erro que lles complicara o encontro. Pero no minuto 15,
nunha acción a balón parado, Lijó non medía ben a saída e Oscar cabecea ao fondo da rede
para adiantar aos visitantes. Con este gol o plan de Luisito reforzábase.
E puido deixar sentenciado o encontro o Unión se non fose polos fallos de Nestor e Ismael e
polos acertos dun Lijó que se estaba reivindicando a medida que pasaban os minutos. Co
resultado de 0-1 chegaríase ao descanso.
Logo do paso polos vestiarios, o Cidade de Ribeira mellorou, meteulle unha marcha máis á
ciruclación de balón e comezou a ser moito máis incisivo, sobre todo con Joseíño e Abi.
No minuto 51, Abi aproveitaría un balón dentro da área para axustalo á esquina inferior da
portería defendida por Rial para igualar a contenda. E a partir desde momento só houbo un
equipo que se quixo levar os tres puntos, os locais. E grazas a ese ímpetu, Joseíño remataba
un centro na frontal da área pequena para poñer o 2-1 co que se desataba o xúbilo nas
bancadas da Fieiteira.
Nos minutos finais o Unión estivo a punto de empatar o encontro, pero foi imposible, e o
derbi quedouse en Ribeira.
Con este resultado, o Cidade de Ribeira reengánchase á loita polos postos de promoción e
sit´´uase sexto con 11 puntos, a 2 do líder, que segue sendo o Unión.
Doutra banda o Taragoña segue sen gañar, pero sacou un valioso puntos no seu
enfrontamento contra o Lalín, un dos equipos chamados a loitar polo ascenso. Non parecía
pintar ben a cousa cando ao cuarto de hora Casal anotaba o 0-1 e no 51 Eloy poñía o 0-2
para os de Lalín. Sen embargo, a entrada de Alberto Laíño no 66 cambiaría o encontro. En
apenas dous minutos o dianteiro rianxeiro anotaba dous goles que poñían o definitivo 2-2.
Con este resultado o Taragoña mantense na parte baixa da táboa con 3 puntos.
No grupo da Costa o volantes de Baño venceu por 4-3 ao Ponteceso. Pesco cun hat trick foi
o home encargado de darlle a segunda vitoria aos de Muros nun encontro que tiveron
controlado a meirande parte dos minutos. Con esta vitoria o Volantes ascende uns postos na
clasificación e ponse con 6 puntos.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Noia ponse en marcha contra o cancro este sábado 19 de setembro

Este sábado 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.