Na Preferente nin Boiro nin Puebla conseguen gañar

24 Novembro 2021

Non termina de arrancar este Boiro (1-1). Desta vez trouxo un punto no seu encontro fronte ao Dubra. Se ben é certo que era importante un triunfo para achegarse aos postos altos da táboa, o partido non era o idóneo. Un partido bronco e moi disputado que se saldou con reparto de puntos logo dos goles de Pereira para os visitantes e Álvaro para os locais.

Fodo de familia dos boirenses no campo do Dubra

Tardou en entrar ao partido o Boiro, e non foi ata a media hora de partido cando os de Luis Carro comezaron a encontrarse sobre o verde, nunha primeira metade na que nin uns nin outros estiveron acertados para inaugurar o marcador. Logo do paso polos vestiarios os boiristas meteron unha marcha máis, e no 53, Pereira aproveitaría un centro medido de Ramos para adiantar aos brancos.

Sen embargo, tres minutos despois Álvaro poría o definitivo 1-1. Non últimos minutos o Boiro apertou na busca do gol que lle dera a vitoria, pero non foi posible. Con est resultado os boiristas sitúanse no oitavos posto con 10 puntos, a catro da promoción.

No campo de Cadreche o Puebla tiña a oportunidade de meterse nos postos altos da clasificación, pero en fronte tiña ao Pino e as dimensións dun terreo de xogo que non favorecen aos de Jesús Mella. Os pobrenses caeron 1-2 logo de adiantarse no marcador grazas ao gol desde os 11 metros de penalti. De feito, na primeira metade os locais mereceron conseguir unha diferenza máis ampla, pero non foi así, logo de que Sera e Viturro desaproveitaran dúas claras oportunidades.

E como sempre ocorre no fútbol, quen perdoa remata pagándoo. E así foi. A falta de cinco minutos para o final, e logo de fallar un penalti os branquiazuis, o Pino anotaba dous goles consecutivos en apenas 5 minutos para levarse os tres puntos de Cadreche, grazas aos tantos de Jesús Sáinz e Rubén Ferreiro.

Con este resultado o Puebla mantense na sétima posición con 11 puntos , a 3 dos postos de Playoff.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.