Lucía Mata e Diego Mata poñen o punto e final ao Ciclo de Novos Intérpretes en Rianxo

29 Novembro 2021

O venres 10 de decembro, ás 20.30 horas, celebrarase en Rianxo un concerto de música clásica a cargo de Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) dentro da programación da cuarta convocatoria do Ciclo de Novos Intérpretes que organizan este outono o Concello e a Escola de Música local. As entradas do concerto, que se celebra novamente no Auditorio Municipal, poden reservarse a través da web municipal, na sección de reservas.

O certame comezou o sábado 23 de outubro, cun concerto a cargo de Óscar Vázquez ao trombón baixo e Yamini Teresa ao piano. A seguinte cita foi o venres 29, da man do rianxeiro Bernal Muíños, que veu acompañado do seu cuarteto de jazz.

Xa metidos en novembro, o día 12 foi a quenda do Víctor Bouzas Quarteto (trompeta), ao que seguiu o concerto de Alba Franco (arpa) o 26 de novembro, no Auditorio. Como dixemos, o ciclo remata con Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) o día 10 de decembro, igualmente no Auditorio de Rianxo ás 20.30 horas.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.