Inma López Silva obtén o XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021

06 Novembro 2021

Inmaculada López Silva, escritora, crítica teatral, doutora en Filoloxía e actual docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, resultou gañadora coa súa obra “Clepsidras” do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021, que convoca o Concello de Dodro. Así o decidiu por maioría o xurado, logo de valorar os trinta e un poemarios participantes, salientando de Clepsidras “a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor
da xenealoxía feminina, ao patente reflexo das violencias cotiás, así como a exploración que fai da lingua e das formas do dicir. Ademais, a nivel formal consegue unha cadencia rítmica altamente suxestiva que coloca o texto nunha predisposición performativa.“

A gañadora deste certame é autora de obras destacadas como: “Concubinas”, “Memoria de cidades sen luz”, “Aqueles días en que eramos malas” e “O libro da filla”. O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón está dotado con 2.500 euros e supón ademais a publicación do poemario.
Nesta edición o certame está coordinado pola poeta Elvira Ribeiro Tobío e o xurado está composto por autoras como Rexina Rodríguez Vega, Silvia Penas Estévez, Oriana Méndez Fuentes e o poeta Francisco Valeiras Gónzalez, xunto cos concelleiros de Servizos Sociais e Cultura do Concello de Dodro.
Despois da elección da obra premiada tivo lugar unha homenaxe ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, no cemiterio de Xián de Laíño, onde está soterrado.

O acto de entrega do premio será o sábado, 11 de decembro no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.