Iniciada na Pobra a rehabilitación do parque infantil da Lombiña

05 Novembro 2021

O Concello da Pobra informou do inicio das obras de rehabilitación do parque infantil da Lombiña, as cales se enmarcan nos investimentos financeiramente sustentábeis do POS+2021 da Deputación da Coruña.

Ata o lugar desprazáronse este 5 de novembro o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), co obxecto de comprobar a evolución das tarefas que estarán rematadas antes de que finalice ­2021. Segundo manifestaron, trátase dunha intervención “moi demandada” pola veciñanza debido ás condicións que presentaba o parque.

Os labores, explicaron, consisten na execución dun novo pavimento, a colocación de caucho e a dotación de novo mobiliario e xogos para as crianzas (varios balancíns e randeeiras, un tobogán e un equipo combinado). Ademais, disporase dun peche perimetral de madeira.

A superficie é de 287 metros cadrados e cóntase coa autorización do Servizo de Urbanismo ao situarse no dominio público marítimo-terrestre.

A actuación foi adxudicada á empresa Ouri Entretenimientos S.L. por un importe total de 46 878’46 euros, IVE incluído, dos cales 32 000 euros proveñen do ente provincial e 14 ­878’46 euros da Administración local.

Outros artigos

Na Pobra entrega de premios do LXXXI campionato de España de bateis

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na entrega de premios do LXXXI Campionato de España de Bateis que tivo lugar esta fin de semana na Pobra do Caramiñal.Belén do Campo salientou a fonda vinculación histórica e cultural dos bateis coa poboación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...