Gaspar Bitar, do Rotogal Boiro, incluído no equipo ideal da xornada da Superliga

16 Novembro 2021

Por segunda semana consecutiva, un xogador do Rotogal Boiro Voleibol foi incluído no equipo ideal da xornada da Superliga. Nesta ocasión, o colocador local Gaspar Bitar forma parte do mellor septeto despois de asinar 14 puntos e un 57% de acerto ofensivo no triunfo a domicilio sobre o Eivissa Ushuaïa (1-3).

A semana pasada, o Rotogal Boiro Voleibol tamén contou con dous xogadores que foron destacados

pola Superliga. Foron o oposto José Carlos Romero, designado MVP da sexta xornada, e o central Renan Levandoski, que tamén foi incluído no equipo ideal.

O Rotogal Boiro Voleibol recibirá este sábado ao sete da tarde ao Leleman Valencia na fortaleza da Cachada co obxectivo de encadear a terceira vitoria consecutiva e afianzarse no oito primeiros postos da clasificación, que dan dereito a disputar a Copa do Rei.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.