Daniel Gómez Ramil, coñecido tanto pola súa faceta como profesor do colexio O Grupo e por ser un dos piares da compañía de teatro municipal, faleceu a pasada madrugada, aos 65 anos, despois dunha longa tempada loitando contra unha terrible enfermidade.

O mestre foi homenaxeado a comezos de mes tal como recollimos en O Barbanza, pola súa implicación no mundo da interpretación, non só como actor, senón tamén como formador e mesmo como creador e director de obras. Como premio a ese esforzo realizado de forma desinteresada, a corporación aprobou de forma unánime que o ciclo de teatro infantil que a Concellería de Cultura ribeirense leva organizando desde 1997 pasase a levar o seu nome.
Daniel Gómez impulsou a posta en marcha dunha agrupación de teatro, que seguiu dirixindo de forma altruísta incluso despois da súa xubilación como docente.
Os seus restos mortais serán incinerados este xoves o mediodía e as cinzas serán levadas a Candamil en Xermade, onde se celebrará o venres as 4 da tarde o funeral na Igrexa Parroquial.
