A Mostra de Teatro Infantil de Ribeira levaráo nome de Daniel Gómez Ramil

03 Novembro 2021
A Mostra de Teatro Infantil levará a partir de agora o nome de Daniel Gómez Ramil.


A Mostra de Teatro Infantil levará a partir de agora o nome de Daniel Gómez Ramil. Así acaba de ser anunciado esta tarde no salón de plenos do consistorio nunha recepción ao Grupo Municipal de Teatro de Ribeira: en realidade, unha homenaxe sorpresa organizada por iniciativa dos propios compoñentes deste elenco e que contou co respaldo unánime da Corporación Local para render tributo a este impulsor da arte dramática no noso municipio, quen logrou, en palabras do alcalde Manuel Ruiz, que “algo que parece ordinario se converta en extraordinario”.
Foi un acto autenticamente emotivo no que o avance protocolario se rompeu en multitude de ocasións polos aplausos dos alí presentes: amigos, familiares, membros do grupo teatral, persoal do departamento de Cultura e representantes de todos os grupos políticos con representación no Concello.
Abriu este evento o alcalde desvelando a verdadeira natureza do evento e lembrando que nun pobo que carecía de moitas iniciativas culturais, Daniel Gómez Ramil fundou e dirixiu dende a súa creación o grupo de teatro do CEIP O Grupo, implicándose nas sucesivas edicións da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira que organiza o Concello dende 1997. “Todos os que aquí estamos queremos dicirte que a partir de agora a Mostra vai levar o teu nome”, avanzou.
Tamén interviron a concelleira de Cultura María Sampedro (“hoxe é un día no que se fai xustiza para unha persoa tan involucrada na vida teatral”) e Chiki Durán en representación do Grupo Municipal de Teatro, quen explicou como se foi artellando en segredo esta iniciativa e destacou os méritos de Daniel: “todos os alumnos que estaban contigo, que hoy serán ya hombres y mujeres, seguramente sabrán inculcar los mismos valores que tú has profesado”, dixo.

Finalmente, logo de que o alcalde fixese entrega dunha placa conmemorativa da decisión da Corporación e un ramo de flores á súa dona, Manuela, o propio homenaxeado tomou a palabra visiblemente emocionado e logo de dar as grazas aos alí presentes e aínda que se quixo restarse méritos, expresou a súa esperanza de que o seu alumnado o pasara ben, declarouse contento por que o grupo dramático siga adiante e concluíu as súas verbas cun “viva o teatro!”
practicamente velado polo estrondo dos aplausos da asistencia posta en pé.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.