Este venres 3 celébrase na Cachada a gran festa boirense da inclusión: o festival Festiritititi

30 Novembro 2021

A Asociación Amicos, o Concello de Boiro e a conserveira JEALSA presentaron este 30 de novembro a cuarta edición do certame Festiritititi. Segundo confirmaron, celebrarase o venres 3 de decembro dende as 11.00 horas até as 13.00 horas no Parque da Cachada en Boiro. Participarán na festa as e os integrantes de Amicos e alumnado dos colexios Santa Baia, Praia Xardín e o CEIP de Escarabote.

Na presentación do festival interviñeron José Ramón Romero García, alcalde de Boiro, Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA; Felisa Piñeiro, membro da xunta directiva de Amicos; Pilar Sampedro, responsábel do Centro Integral Amicos; e máis Carmen Piñeiro e Javier González, integrantes da devandita asociación, quen foron os responsábeis de presentar os detalles do certame. Segundo fixeron saber, en caso de que as condicións climáticas non sexan as máis axeitadas para celebrar o evento na Cachada, trasladarase ao Polideportivo de Barraña.

Como dixemos, amais dos integrantes de Amicos, nas actividades participarán os colexios Santa Baia, Praia Xardín e o CEIP Escarabote. O principal obxectivo da festa é conmemorar o Día da Discapacidade “dunha forma divertida e inclusiva”. Como recalcou Pilar Sampedro, isto farase “xogando e desfrutando coa sociedade que nos rodea” e “traballando cos centros escolares do noso entorno”.

O alcalde José Ramón Romero García, quixo agradecer a asociación por levar a cabo este tipo de iniciativas que permiten “dar visibilidade ao Día da Discapacidade”. Pola súa banda, Margarita Hermo, en representación de JEALSA e do seu programa de sustentabilidade e concienciación ambiental We Sea, agradeceu o labor de Amicos a prol da formación, a integración e a confraternidade e, tamén, a implicación dos centros educativos que confirmaron a súa asistencia.

Asemade, explicaron que o evento contará con todas as medidas preventivas relativas á COVID-19, xa que estará organizado en 15 unidades de convivencia dos centros educativos que irán distribuídas por zonas indicadas nun mapa. Ademais, engadiron, todas as actividades estarán guiadas polos técnicos e as persoas con discapacidade, que estarán pendentes de que todo saia ben.

José Ramón Romero e Margarita Hermo na presentación

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...