A partir desta medianoite do mércores 1 de decembro actívase a segunda fase da campaña AMARIBEIRA, en virtude da cal un total de 6.666 bonos de desconto de 30 euros póñense a disposición da veciñanza de todo o municipio para investir nos comercios e locais de hostalería local que se adhiran á campaña.
Ata o momento hai un total de 78 negocios adheridos das diferentes parroquias, se ben a posibilidade de sumarse segue aberta accedendo á páxina web www.amaribeira.gal [e prememdo no apartado rexistro bonos comercio físico bonos QR]. Todos eles estarán identificados co distintivo amarelo de AMARIBEIRA: Para facer uso dos bonos de desconto e mercar no comercio e a hostalería local (por cada de 30 euros de compra se ten dereito a un
desconto de 10 ata un máximo de 3 operacións) cómpre activalos na citada páxina web premendo en obter bono e seguindo todos os pasos. Como requisito hai que estar empadroado no Concello de Ribeira e ser maior de idade.
Os bonos poderán ser canxeados ata o 31 de xaneiro de 2022.
Ribeira Store
Na primeira fase de AMARIBEIRA puxéronse a disposición (e esgotáronse) un total de 500 cupóns de desconto de 30 euros a empregar exclusivamente no marketplace Ribeira Store entre o 15 de novembro e o día de hoxe.
O montante global que o Concello destina con AMARIBEIRA en apoio á hostalería e o comercio do municipio ascende a 215.000 euros.
