En Boiro retomase a actividade de participación cidadá Un café co alcalde cun encontro coa veciñanza de Abanqueiro

24 Novembro 2021

O Concello de Boiro retoma o Café co alcalde, un programa de participación cidadá co que se busca chegar aos veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio e atender as súas necesidades e demandas. A próxima xuntanza veciñal será o venres 26 de novembro, ás 18.00 horas, no Centro Social de Abanqueiro.
Estas xuntanzas comezaron a facerse no ano 2020 pero tiveron que paralizarse por mor da situación sanitaria da Covid-19, polo que se van retomar agora. A finalidade é que se poidan realizar de xeito periódico e xuntarse cos
veciños e veciñas dos distintos núcleos de poboación para coñecer as demandas e necesidades conxuntas da veciñanza de cada lugar.
Con estas actividades o que se pretende é ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que transmitan as peticións e demandas para activar un tipo de participación cidadá directa útil
para a veciñanza e a administración. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento ás xuntanzas veciñas individuais que o alcalde mantén de xeito semanal e coñecer as demandas colectivas.
Este formato de xuntanzas directas coa alcalde, á que asistirán tamén concelleiros e concelleiras do goberno, retómanse esta semana cun encontro coa veciñanza de Abanqueiro. A cita, aberta a toda a veciñanza do lugar será
ás 18.00 horas no Centro Social de Abanqueiro.

Outros artigos

Clamor en Aguiño para esixir a cobertura das prazas médicas

As rúas de Aguiño enchéronse de veciños para reclamar a cobertura "inmediata e permanente" das dúas prazas de medicina familiar no centro de saúde. Cidadáns, representantes políticos e integrantes da plataforma sanitaria uníronse nunha marcha que partiu desde o propio...

+

Uxía Pérez e David de la Fuente, gañadores absolutos da Padrón 10K

Uxía Pérez e David de la Fuente proclamáronse gañadores absolutos da Padrón 10K, unha proba que utilizaron como preparación para o Campionato de España, no que competirán proximamente. A XXII edición da carreira contou cunha gran acollida por parte de atletas e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

“Obrigacións e dereitos”. Luís Celeiro

Era un gusto falar con el e escoitalo falar, ata que chegaba a hora de pagar. Despois devarios anos, todos esperaban todos os días a que pagara el, pero nunca acontecía o milagre.Era agarrado, un cotroso e conicho como son os coreños. Na taberna pedía do mellor,...