Este venres 19 de novembro o grupo de empresarios “BNI TerraMar” volve realizar o “Día do Invitado” na que outros empresarios de diferentes sectores coñezan o funcionamento da rede de referencias de negocios máis grande do mundo, está presente en 74 Países e no Barbanza levan desde o 15 do abril do 2016 cun intercambio de negocio de máis de 11 millóns oitocentos mil euros, segundo indica o seu director Rubén Couñago.
O obxectivo é que tanto profesionais independentes, como empresarios poidan establecer contactos e crear relacións Fronte ao reto de enfrontarse ao contexto da pandemia, na cal moitas empresas e pemes tiveron buscar un impulso para promocionar os seus servizos.de confianza para seguir xerando riqueza na Comarca.
Despois de moitos meses de reunións on- line, o grupo volve con máis forza e con ganas de crear alianzas e sumar beneficios, co reto de enfrontarse ao contexto da pandemia, na cal moitas empresas e pemes tiveron buscar un impulso para promocionar os seus servizos.
Para solicitar invitación ao evento enviar ao email: terramar@bnigalicia.com . O encontro terá lugar no restaurante Chicolino de Boiro ás 07:00 da mañá.




