En Boiro, o CIM achega en novembro dúas charlas formativas sobre muller e saúde

05 Novembro 2021

A Concellería de Feminismo e Igualdade do Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza no mes de novembro un ciclo de faladoiros formativos nomeado Muller e Saúde. O programa de actividades inclúe unha charla sobre os cambios físicos e emocionais na menopausia e outro sobre habilidades emocionais.

A xornada Os cambios físicos e emocionais na menopausia está prevista para o vindeiro mércores 10 de novembro de 16.00 a 20.00 horas no Centro Social de Boiro e a xornada Habilidades emocionais, manexo de estrés e ansiedade será o venres 26 de novembro de 16.30 a 20.30 horas no Centro Social de Boiro.

Estas actividades encádrense nos obxectivos da área de Feminismo e Igualdade de Boiro de levar a cabo iniciativas e proxectos que “contribúan a informar e formar en materia de saúde enfocada a asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller”.

As dúas xornadas formativas do ciclo Muller e Saúde que se van levar a cabo durante o mes de novembro será impartidas por especialistas da materia, mediante a Escola Galega de Saúde. A capacidade das charlas é limitada e requírese inscrición previa, que pode facerse a través do teléfono 981 84 48 00 extensión 1285.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.