Dodro recibe o respaldo do Goberno ás políticas de recuperación medioambiental

23 Novembro 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña,  María Rivas, trasladou hoxe ao alcalde de Dodro, Xabier Castro, o 
respaldo do Goberno ás políticas de recuperación ambiental no  municipio. Así o indicou no transcurso da visita realizada ao Concello  e á contorna das Brañas de Laíño.

María Rivas, que estivo acompañada polo xefe da Demarcación de Costas  de Galicia, Rafael Eimil; supervisou xunto co alcalde os traballos de  recuperación e renovación levados a cabo nos accesos ás Brañas.

A actuación por parte da Demarcación de Costas consiste na  naturalización dun espazo que nestes momentos é un vial de tráfico  rodado para reconvertelo nunha senda peonil e ciclista, que mellorará  a protección ambiental e a conservación desta zona protexida.

Utilízanse para iso materiais granulares que servirán de base do  pavimento e realizaranse as obras complementarias para asegurar a   perdurabilidade da actuación que se desenvolve en máis dun quilómetro  de lonxitude. O orzamento supera os 70.000 euros.

Concello e Demarcación de Costas traballan conxuntamente na  recuperación ambiental da zona. De feito, o departamento do Ministerio  de Transición Ecolóxica ten previsto autorizar ao consistorio a  concesión dos terreos necesarios para xestionar o espazo cos veciños e  permitir os usos tradicionais, cuestión na que avanza precisamente o 
goberno municipal.

Será a partir desa concesión cando se definan as colaboracións de  Costas e do Ministerio de Transición Ecolóxica na recuperación das  Brañas, tendo en conta para iso o proxecto que queira desenvolver e  presentar o Concello. 

María Rivas analizou tamén co alcalde o proxecto de renovación da  iluminación pública subvencionada polo Ministerio de Transición  Ecolóxica a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da  Enerxía (IDAE).

Este plan xa foi licitado por parte do goberno municipal e prevé a  renovación da iluminación en varios lugares do  Concello como son   Lestrove,  Imo, Bexo e  Tallós. O proxecto inclúese dentro do plan de  axuda ás entidades locais para proxectos de investimento en economía  baixa en carbono e ten un importe de 128.000 euros.

O oitenta por cento do investimento, 102.000 euros, corresponde ao  IDAE, mentres que o Concello achega 26.000 euros. Actuarase sobre 371  puntos de luz, estando previsto un aforro enerxético do 64,4 por cento  e un aforro económico de 9.100 euros anuais para as arcas municipais.

Por outra banda, a subdelegada do Goberno quixo poñer en valor o  esforzo do goberno municipal na redacción do Plan Turístico Sostible  de Dodro, que o Concello presentou á convocatoria extraordinaria do  “Plan de Sustentabilidade Turística en destinos para Entidades Locais  2021” realizada pola Secretaría de Estado de Turismo. O custo desta  iniciativa elévase a 1,2 millóns de euros.

Tal como detallou o alcalde á subdelegada do Goberno, a intención do  Concello coa solicitude destas axudas é a transformación e creación  dunha oferta turística sostible e responsable co medioambente, todo  iso cunha adecuada planificación previa.

Para iso preténdese potenciar os valores culturais, naturais e  paisaxísticos do municipio de forma sostible e atraer a un turismo  concienciado e respectuoso co medio ambiente. Plantexase a súa  consecución a través da promoción do turismo activo e dos costumes  tradicionais, xunto cunha axeitada actualización dixital.

Así, quérese crear unha percepción do concello como un lugar de lecer  desvinculado da estacionalidade, moderno pero en contacto coas súas  raíces culturais e respectuoso cos seus recursos naturais e  patrimoniais.Así lo ha indicado en el transcurso de la visita  realizada al Ayuntamiento y al entorno de las Brañas de Laíño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.