Comeza en Boiro a Mostra de Teatro Escolar

16 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a través das áreas de Cultura e Educación, desenvolve unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar. A actividade deu comezo este 16 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Boiro coa representación de Ningures, de Teatro ó Cubo, e vaise desenvolver os días 16, 17, 18 e 23 de novembro.

Na mañá este 16 de novembro participou o alumnado de 5º e 6º de CEIP Abanqueiro; 4º do CEIP Praia Xardín; 4º, 5º e 6º do CEIP Santa María do Castro; e 4º e 5º dos CEIP Escarabote e Cespón. Mañá mércores será o alumnado de 1º e 2º do CEIP Praia Xardín; e 1º, 2º e 3º de Escarabote e Cespón quen asista á representación de Tita. Un espectáculo sobre a intelixencia emocional de Teatro Babaluva.

O xoves, o alumnado de 1º a 4º curso do CEIP Abanqueiro; 3º do CEIP Santa Baia; 3º do CEIP Praia Xardín e 1º, 2º e 3º do CEIP Santa María do Castro asistirá á representación de Lila Teatro Duncan de palleiro e o martes 23 pechará o ciclo coa representación O eco das pedras de Raquel Quizás para o alumnado de 1º, 2º e 4º do CEIP Santa Baia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.