Boiro realiza a mellora de pavimentos e beirarrúas en varios puntos do municipio

20 Novembro 2021

O Concello de Boiro executa obras para a dotación de beirarrúas nun tramo en Goiáns, dende a entrada do Coído á Changuiña e tamén o pavimentado do CEIP de Abanqueiro. As actuacións forman parte dun proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos no Concello de Boiro, que se executa con carto ao Plan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña.

En Goiáns estase a realizar unha actuación para a execución de beirarrúas de 66 metros lineais e de 1,8 metros de ancho para dotar a zona de seguridade viaria nun tramo moi sensible para o tránsito de peóns. Ademais con esta obra que se está a realizar, vaise realizar unha correcta recollida de pluviais que evite a formación de pequenas lagoas que se viñan producindo en época de choivas.  

No CEIP de Abanqueiro estase a realizar unha actuación para a mellora da seguridade viaria nas horas de entrada e saída ao centro. Para iso estase a executar unha zona de estacionamento interior para 17 vehículos, totalmente accesible. Deste xeito desvíase parte do estacionamento de vehículos da rúa principal de acceso para facilitar a circulación.

Estas dúas actuacións contémplanse dentro dun proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos en Boiro, dun importe de 164.074 euros, que se executa mediante o financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único Concellos (POS+2020).

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.