Boiro participa na Campaña de Inverno 2022 da Deputación da Coruña

30 Novembro 2021

O Concello de Boiro participa na Campaña de Inverno 2022 que leva a cabo a Deputación da Coruña e mediante a cal dez rapaces e rapazas desfrutarán dunha estancia e manutención na estación de inverno de Valgrande-Pajares, en Asturias. As datas nas que se vai levar a cabo a actividade son ente o 21 e o 24 de xaneiro de 2022.
A actividade consiste nunha estancia e manutención de catro días en aloxamentos situados a pé de pista na estación de Valgrande-Pajares. Os nenos e nenas participantes serán de 12 a 15 anos e o prezo da participación é de 85 euros. No caso de que haxa máis inscricións que prazas, farase un sorteo público para o desempate.
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende este martes día 30 de novembro de ata o 14 de decembro. As preinscricións poden facerse no departamento de Deportes do Concello de Boiro, de maneira
presencial na Casa da Cultura. Toda a información no teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico deportes@boiro.org.

Estación de inverno de Valgrande-Pajares

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.