Boiro ofrece un servizo de campamento de conciliación con actividades durante o Nadal

28 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a través das áreas de Educación e Cultura, organiza un campamento de conciliación para o Nadal. As inscricións na actividade deben facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro e poden tramitarse a partir do luns 29 de novembro. As bases e toda a información sobre a actividade están na web municipal.
O campamento de Nadal 2021 do Concello de Boiro está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos e ten como obxectivo facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles axustado ás súas necesidades,
así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre aos participantes. O desenvolvemento das actividades do campamento estará baseado en técnicas de intervención participativas e
activas mediante as que se busca fomentar a creatividade e os valores, con actividades planificadas segundo idades e necesidades.
As actividades do campamento de Nadal vanse desenvolver os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. O horario do campamento será de 8.00 a 15.00 horas, podendo escoller as familias a hora
de entrada, ás 8.00h ou ás 9.00h, e tamén a hora de saída, ás 14.00h ou ás 15.00h. O número total de prazas dispoñibles para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos é de 50.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, a contar dende o vindeiro luns 29 de novembro. As solicitudes deben presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a sede electrónica. O formulario de inscrición e toda a documentación que se debe entregar, así como as bases de participación están a disposición das persoas interesadas na web municipal e na Casa da Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.