Boiro acollerá unha xornada con exemplos prácticos (e viábeis) de sustentabilidade económica, cultural e política

15 Novembro 2021

O Concello de Boiro vai acoller o vindeiro día 1 de decembro unha actividade directamente encamiñada a cambiar os nosos xeitos de producir e consumir, no camiño que facelos máis acordes coa protección do medio ambiente e do futuro da humanidade. A xornada Cultura sustentábel, o reto posCOVID vén da man da área de cultura da Deputación da Coruña e do xestor cultural e técnico de Cultura do Concello, Alberto García. Vaise realizar no Centro Social de Boiro.

O programa da xornada contempla mesas de debate que buscan incidir na viabilidade dunha cultura economicamente sustentábel e que aplique criterios de distribución baseados na equidade.

A presentación da xornada será ás 16.00 horas e a primeira das mesas de debate, Sustentabilidade ambiental vs. Greenwashing, comezará ás 16.20 horas e nela van participar María Baqueiro e Joam Evans e estará conducida por Miguel Rial.

Ás 17.10 horas Fran Quiroga fará unha presentación de proxectos sustentábeis cos casos concretos do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e o Festival Agrocuir.

Ás 18.00 vaise levar a cabo a mesa redonda Sustentabilidade Política. Os valores que traslada a cultura, conducida por Charo Lopes na que van participar Rexenerando Cooperativa e David Rodríguez.

Ás 19.00 comeza a conversa Sustentabilidade económica. A precariedade no sector da cultura na que van intervir Sergio lago, María Yáñez e Alberto de Boiro sobre o manual de supervivencia na cultura galega. Os descansos da xornada estarán amenizados polo grupo poético AldaoLado.

Esta xornada, enmarcada na liña A cultura é un dereito da área de cultura da Deputación da Coruña insiste na idea de “outra cultura é posíbel”. O obxectivo é chegar a unha reflexión sobre as formas de traballar en cultura a partir de agora e tendo en conta o momento que vivimos.

A asistencia é gratuíta e a capacidade está limitada. As inscricións deben realizarse a través do formulario habilitado na páxina web www.aculturaeundereito.gal. As inscricións están xa abertas dende este luns, e poden realizarse ata as 14.00 horas do 29 de novembro.

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...