Atopan ao veciño de Boiro, Serafín Muñiz, que faltaba da súa casa desde o venres

06 Novembro 2021

O veciño de Boiro, Serafín Muñiz, de 84 anos, que faltaba do seu domicilio desde a tarde do pasado venres, foi atopado san e salvo na zona de Triñáns. Oito horas de intensa procura coa participación da brigada canina da Garda Civil, un helicóptero, drons do Axega, Protección Civil de Boiro, Policía Local, veciños e familiares que frutificaron atopnado o home.

O rastrexo comezou nas inmediacións da súa vivenda para ir polos sitios habituais por donde solía pasear o home. Non é a primeira vez que este veciño de Triñáns desaparece. Fai un par de anos tamén se desorientó durante unha das súas camiñadas e foi a súa filla quen o atopou en Exipto.

A Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colaborou cos axentes da Garda Civil na busca do home desaparecido, no concello de Boiro.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación, ás dez desta mañá, a través da chamada da Policía Local da localidade. Segundo a información facilitada aos xestores de emerxencias, o varón falta do lugar de Triñáns, en Abanqueiro, desde a pasada tarde.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informouse aos membros de Protección Civil de Boiro, que pasaron a formar parte do operativo de busca coordinado pola Garda Civil, xunto á Policía Local. Ademais, desde o mediodía, o equipo de drons da AXEGA sumouse á procura do octoxenario perdido.

Unidade operativa de drones da Axega

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.