Aparece o cadáver dun home nunhas rochas de Escarabote

28 Novembro 2021

Un home foi atopado falecido nunha zona de rochas no peirao de Escarabote, en Boiro. Trátase dun veciño da Ribeiriña, de 43 anos de idade, e por agora descoñécense as causas da morte.

O 112 Galicia recibiu a alerta do achado a través dos axentes da Garda Civil, uns minutos antes das catro desta tarde.
Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Boiro, que axiña desprazáronse ata o lugar. Ademais, o Servizo Municipal de Protección Civil tamén interveu neste operativo. Xa no lugar dos feitos, os servizos sanitarios desprazados só puideron confirmar o seu falecemento.Pola súa banda, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.


Os medios desprazados ata o lugar só puideron certificar o falecemento. Trátase de V. R.S., un home de 43 anos, residente na Ribeiriña , a un par de quilómetros de onde apareceu o cadáver. A Garda Civil abreu unha investigación para tratar de esclarecer as causas do suceso.

Descoñécese por agora se o home faleceu na zona rochosa ou se o seu corpo foi arrastrado polo mar ata alí. Ata o lugar desprazáronse bombeiros do parque boirense e membros do servizo municipal de emerxencias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.